O Concello de Mos organiza unha excursión ó Parque Acuático de Amarante

Onte abriuse o prazo de inscrición
Publicado por o día 22/08/2017 na sección de Galicia,Mos

O Concello de Mos organiza unha excursión ó Parque Acuático de Amarante

O Concello de Mos organiza unha excursión ao Parque Acuático de Amarante (Portugal), que se realizará o vindeiro 9 de setembro.

O prazo de inscrición nesta actividade abriuse onte luns 21 de agosto e rematará o 1 de setembro. O prezo da viaxe será de 7 euros para nenos de 5 a 11 anos de idade e adultos maiores de 65, e de 12 euros para o resto de persoas de 12 a 65 anos; sempre e cando estean empadroados/as en Mos. O menores de 5 anos non terán que pagar e poderán acudir de balde.

No caso dos non empadroados de 0 a 4 anos tamén poderán viaxar gratuitamente, metres que de 5 a 11 anos e maiores de 65 pagarán 10 euros, e de 12 a 65 anos 15 euros.

As inscricións poderanse facer no Rexistro Xeral do Concello de Mos en horario de 09.00 horas a 14.00 horas e os interesados en obter máis información sobre esta excursión poden chamar ó número de teléfono da OMIX 986 33 94 04.

A partida da viaxe o día 9 de setembro farase ás 09.30 horas da mañá e o regreso será ás 21.00 horas.