O concello de Nigrán abre mañá o prazo de inscrición para tres cursos gratuitos dirixidos a mozos de Nigrán entre 16 e 35 anos

Trátase dun curso de acompañante de transporte escolar, outro de monitor de comedor escolar e, finalmente, de guía de patrimonio cultural. Todos teñen unha duración de 25 horas e se desenvolverán en setembro
Por o 31/08/2017 | Sección: Formación,Galicia,Nigrán
O concello de Nigrán abre mañá o prazo de inscrición para tres cursos gratuitos dirixidos a mozos de Nigrán entre 16 e 35 anos

O Concello de Nigrán abre dende mañá 1 de setembro ata o 14 de setembro o prazo de inscrición  para os cursos de monitor de comedor escolar (desenvólvese do 25 ao 29 de setembro), acompañante de transporte escolar (do 18 ao 22 de setembro) e guía de patrimonio cultural (do 18 ao 29 de setembro). Todos eles están organizados a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e están dirixidos a mozos de entre 16 e 35 anos  empadroados en Nigrán e constan dunha duración de 25 horas. Todos son de balde para o participante, cunha clara orientación laboral e só se poderá cursar un deles (salvo que existan prazas vacantes) co obxectivo de beneficiar a maior poboación posible. Na inscrición terán preferencia os empadroados en Nigrán e desempregados.

As persoas interesadas nestes cursos deben presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 13.00 horas xunto unha fotocopia do DNI e da tarxeta de desemprego se é o caso. Para máis información poden dirixirse á Oficina de Información Cidadá (986365000) ou no correo electrónico omixnigran@nigran.org.

Cartaces