Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para curso de “Iniciación ao pilotaxe de drones”

O curso enmárcase no plan de formación para a mocidade que se desenvolve de agosto a setembro con 6 cursos diferentes. Teñen preferencia os empadroados en Nigrán e desempregados.
Publicado por o día 21/09/2017 na sección de Formación,Galicia,Nigrán

Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para curso de “Iniciación ao pilotaxe de drones”

O Concello de Nigrán abre dende mañá 22 de setembro ata o 28 de setembro o prazo de inscrición para o curso de “Iniciación ao pilotaxe de Drones (RPAS)” destinado a mozos de 16 a 35 anos (desenvolverase do 2 ao 6 de outubro). Este curso está está organizado a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e conta cunha duración de 20 horas. É de balde para o participante e na inscrición terán preferencia os empadroados en Nigrán e desempregados.

As persoas interesadas nestes cursos deben presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas xunto unha fotocopia do DNI e da tarxeta de desemprego se é o caso. Para máis información poden dirixirse á Oficina de Información Cidadá (986365000) ou no correo electrónico [email protected]

O Concello de Nigrán ven ofrecendo durante os mes de agosto e agora en setembro un amplo e variado programa de formación para a mocidade que consta de seis cursos en total, dende graffiti a fotografía con smarthphone, acompañante de transporte escolar…