Concello de Nigrán adquire novas marquesinas por 15.000€ para instalar nos puntos máis demandados

Tres xa foron colocadas na rúa do Castelo (Camos/Parada), Avenida Val Miñor e Rans (Nigrán), todos puntos de gran afluencia de pasaxeiros onde ata agora non había.
Por o 05/11/2017 | Sección: Galicia,Nigrán
Concello de Nigrán adquire novas marquesinas por 15.000€ para instalar nos puntos máis demandados
Compartir en:

O Concello de Nigrán instalará novas marquesinas en puntos do municipio que demandan colectivos e entidades veciñais cunha inversión de 15.000 euros. Así, esta semana xa foron dispostas tres delas, unha en Avenida Val Miñor (Nigrán), outra en rúa do Castelo (Camos/Parada) e outra en Estrada pola Vía (Rans), todas elas foron ubicadas en puntos demandados pola veciñanza ao ser de gran afluencia de viaxeiros por coincidir co roteiro da liña de autobús interurbano ou escolar, como no caso de Parada.

Se trata de marquesinas con paneis antivandálicos (de metracrilato), de liñas rectas e deseño minimalista e con banco de inox, materiais de gran resistencia que garanten a súa durabilidade.

O Concello de Nigrán xa investiu en 2016 un montante de 20.430 euros para reparacións e reposicións de marquesinas, sustituíndo en moitos casos os paneis vidro rotos por policarbonato celular de 8 milímetros, un material especialmente resistente aos golpes, ademáis de instalar tres novas de carpintería de madeira nos puntos máis demandados pola veciñanza (Priegue, A Ramallosa e Praia América).

"Somos conscientes de que faltan marquesinas en determinados puntos do municipio e, pouco a pouco, as iremos instalando conforme ás peticións veciñais e dando prioridade ás paradas de máis uso", sinala o alcalde, Juan González.