O Concello de Nigrán arranca co concurso gastronómico “Bocados” este venres

Gastronomía, teatro e recuperación da memoria histórica son os protagonistas do mes de outubro.
Publicado por o día 04/10/2017 na sección de Alimentación,Eventos,Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán arranca co concurso gastronómico “Bocados” este venres

O Concello de Nigrán arranca a programación sociocultural de outono con gastronomía a través da cuarta edición do concurso “Bocados”, organizado xunto a asociación de empresarios Ovalmi e a Deputación de Pontevedra e coa colaboración de Adegas Val Miñor. Este mes de outubro estará adicado tamén ao teatro afecionado e a recuperación da memoria histórica co aniversario da “Volta dos 9” e o “Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia”. Novembro será o mes da micoloxía e dos magostos nas parroquias. Unha programación estable e de calidade que se manterá xa como referencia do mes de outubro e do outono en Nigrán.

O concurso gastronómico Bocados, que foi presentado hoxe no Asador Barrio Sur, desenvolverase dende este venres 6 ao 15 de outubro, consolidándose así definitivamente no calendario local. Nesta ocasión participan a cifra record de 16 establecementos que ofrecerán no periodo mencionado dous bocados ou tapas, unha por valor de 1,50 euros e outra de 3 euros, con total independencia da consumición de calquera outra bebida ou produto.

“Este tipo de certames teñen gran aceptación entre o público e, ao tempo que dinamizan a hostelería e restauración local, elevan aínda máis o nivel gastronómico do noso municipio”, sinalou a alcaldesa en funcións, Raquel Giráldez, quen aposta por este tipo de eventos que “axudan a desestacionalizar o turismo”, como é o caso de “Nigrán, un mar de sabores” celebrado en setembro. “É unha oportunidad única para achegarse ata Nigrán e degustar auténticos manxares a prezos moi populares”, anima.

A dinámica de Bocados será similar á de anos anteriores. Tódolos establecementos participantes poderán optar ao premio ao “Mellor bocado 2017”, elección en mans dos clientes. Para participar na votación deberase acudir co folleto “Gastromapa”, que funciona a modo de guía orientativa para facer o percorrido e, cada vez que consuman algunha, selarase no propio local.

No caso de que unha mesma persoa consuma varias tapas no mesmo establecemento, este selará tantos Gastromapa como consumicións de tapas realizara. Para poder votar e, polo tanto, optar ao sorteo de premios, o folleto deberá estar completo, é dicir, marcado por catro selos de establecementos diferentes e deberá depositarse nos buzóns habilitados en calquera dos locais.

Do reconto das votacións salirán os 3 nominados ao Mellor Bocado 2017 de 1,50 euros y os tres da tapa de 3,00 euros. As instalacións de Adegas Val Miñor acollerán a entrega de premios.

Teatro

Ao longo deste mes, diferentes compañía de teatro afecionado da comarca debutarán no Auditorio Municipal de Nigrán cada fin de semana e sempre con entrada de balde ata completar aforo. A programación a pechará o domingo 29 os monólogos científicos de Ciudad Ciencia a cargo de VigBan, sendo este o primeiro acto no municipio deste proxecto liderado polo CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas) e La Caixa. “En toda a comarca hai moitos grupos de teatro afecionado aos que o Concello quere apoiar ofrecéndolles un espazo para interpretar as súas obras, xa que ao mesmo tempo hai un público moi interesado”, sinala a alcaldesa en funcións, Raquel Giráldez, quen suliña que o obxectivo é maner anualmente este ciclo no mes de outubro. Así, o domingo 8 Octubre (19:00) actuará o grupo de teatro de Priegue Entre Lusco e Fusco coa obra “Los pintores no tienen recuerdos”; o sábado 14 (19:30) o grupo de Mañufe Xente daquí e dacolá con “Quen nos manda facer teatro?”; o domingo 22 de octubre (19:30) Atrezzo de Vigo presenta “Chicago Killers”; o sábado 28 (19:30) Lohegrin representa “Bernarda” e, finalmente, o 29 de octubre (19:30 horas) “Científicos sobre ruedas” a través de Ciudad Ciencia.

Recuperación da memoria

A segunda quincena de outubro estará adicada á recuperación da memoria coa conmemoración da “Volta dos 9”; e a celebración do Día da Recuperación da Memoria Lingüistica de Galicia. Un ano máis o goberno de Nigrán depositará un ramo no xardín da memoria inaugurado o ano pasado diante do Pavillón de Panxón (parroquia á que pertencían os 4 dos 9 mariñeiros fusilados) e celebrará nesta ocasión no Cemiterio Municipal de Parada o Día de Recuperación da Memoria Lingüística de Galicia.