O concello de Nigrán celebra mañá un baile especial de nadal para os maiores

Publicado por o día 15/12/2017 na sección de Galicia,Nigrán

O concello de Nigrán celebra mañá un baile especial de nadal para os maiores

O Concello de Nigrán celebra este sábado 16 de decembro un baile especial de Nadal para a terceira ás 19:30 horas no Auditorio Municipal de Nigrán con música en directo e chocolate quente e rosca para todos. A entrada é de balde. Péchase deste xeito o ciclo de bailes 2017 que se reanudará no vindeiro ano.

O Concello de Nigrán anima a tódolos maiores a participar nesta actividade de ocio que conxuga aspectos tan importantes nesta etapa da vida como a socialización e a actividade física, contribuíndo con isto a un maior benestar físico emocional das persoas. Dende o Concello de Nigrán se leva a cabo tamén un programa de turismo social para a terceira idade con diferentes excursións.