O Concello de Nigrán celebra que a Xunta cumpla ao fin a súa demanda de dar continuidade á senda peonil de A Ramallosa a Praia América, obra que comezou esta semana e que dende o goberno local se reclamou durante anos mesmo a través de enmendas aos orzamentos da Xunta a través do PSdG.
“A senda peonil e ciclista que percorre o litoral dende A Ramallosa a Panxón (o sendeiro azul) finaliza abruptamente na Foz, impedíndolle a peóns e ciclistas continuar cara a praia América dun xeito seguro e accesible porque incomprensiblemente non se habilitaron os 300 metros seguintes que agora permitirán chegar ao trazado do areal sen perigo algún”, incide o rexedor, quen avala este novo proxecto que implica desplazar máis á marxe dereita a isleta de Torrente Ballester e humanizar ese tramo de vivendas. Nesta rúa (zona de A Foz cara a Monte Lourido) o Concello acadou hai un ano que se pintase un paso de peóns, xa que nesta estrada que une A Ramallosa e Praia América non existían.
O rexedor recorda que aínda ten pendente a actuación da Xunta en Otero Pedrayo (PO-552), unha estrada estratéxica que une Nigrán e Panxón e que presenta un estado de beirarrúas tan lamentable que mesmo o Pleno de Nigrán instou en xullo á Xunta a que o arranxase, ou as beirarrúas dende o Centro de Saúde da Xunqueira a Ramallosa.
Noticias de última hora en Vigo