Concello de Nigrán continua co programa de turismo social con excursións a Combarro, Soutomaior e Pontevedra

O prazo de inscrición comeza mañá día 8 e finaliza o luns 13, o prezo é de 17 euros e inclúe transporte, xantar-baile e entrada aos museos.
Por o 07/11/2017 | Sección: Galicia,Nigrán
Compartir en:

O Concello de Nigrán continua co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión o mércores 15 de novembro a Combarro, Pontevedra e Soutomaior. Os interesados poden inscribirse dende mañá 8 de novembro ao luns 13 de 9:00 a 14:00 horas na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán, as prazas serán cubertas por rigorosa orde de inscrición. O prezo é de 17 € e inclúe autobús, entrada aos museos e xantar-baile. A hora de saída é ás 9.00 horas e o regreso estimado ás 20:00 horas.

A excursión inclúe unha visita ao conxunto histórico da vila mariñeira de Combarro (Poio) e visita o Museo de Pontevedra e ao castelo de Soutomaior.

Posteriormente terá lugar un xantar-baile con música en directo no Restaurante Casas (Arcade).

O Goberno local de Nigrán entende que viaxar “non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moítisimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención”.

Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, “porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.