O concello de Nigrán contrata o subministro de combustible a ‘GASÓLEOS AMIGO S.L’ cun desconto garantido do 20% POR LITRO

Trátase da primeira vez que o subministro para vehículos e maquinaria municipais se sacan a concurso público, o que reverterá nun importante aforro económico para o Concello
Publicado por o día 17/02/2018 na sección de Galicia,Nigrán

O concello de Nigrán contrata o subministro de combustible a ‘GASÓLEOS AMIGO S.L’ cun desconto garantido do 20% POR LITRO

O Concello de Nigrán ven de adxudicar o subministro de combustible para os vehículos e maquinaria municipais a ‘Gasoleos Amigo S.L.’ tras presentar unha oferta de desconto por litro do 20% sobre o prezo medio publicado para España no ‘Boletín Petrolero de la Comisión Europea’. Trátase da primeira vez na historia do Concello que este servizo se saca a concurso público, o que reverterá nun importante aforro para as arcas municipais ao beneficiarse sempre deste desconto.

Gasoleos Amigo prestará este servizo durante catro anos a partir da sinatura do contrato e por un importe máximo de 200.000 € (sen IVE), o que corresponde a un máximo de 50.000 €/ano (sen IVE). Esta foi a única oferta presentada e supón que o desconto do 20% se ofreza de maneira fixa e sen poder ser modificada durante a vixencia do contrato, independentemente dos tipo de carburantes e sempre con todas as taxas e impostos incluídos.