O concello de Nigrán e Aqualia presentan unha APP móbil que facilita todo tipo de xestións relacionadas co servizo de abastecemento e saneamento

Smart Aqua posibilita realizar trámites relacionados co contrato da auga, comunicar con precisión avarías grazas ao sistema de xeolocalización ou recibir notificacións de posibles incidencias na zona
Publicado por o día 11/01/2018 na sección de Galicia,Nigrán

O concello de Nigrán e Aqualia presentan unha APP móbil que facilita todo tipo de xestións relacionadas co servizo de abastecemento e saneamento

O Concello de Nigrán e Aqualia, empresa responsable da xestión do auga na localidade, presentan á veciñanza Smart Aqua, a aplicación para dispositivos móbiles e tablets, Android e IOS, gratuíta e desenvolvida pola empresa para ofrecer o servizo máis completo aos cidadáns.

Smart aqua permite realizar todas as xestións relacionadas co Servizo de Augas (abastecemento e saneamento) no momento que o cidadán desexe, da forma máis sinxela e cómoda, ao alcance da súa man.

“Simboliza un paso máis na comunicación aberta, transparente e próxima aos cidadáns e supón unha canle máis que aporta grandes vantaxes como optimización do tempo, axilidade das xestións, atención permanente…”, resume o alcalde, Juan González.

Así, esta aplicación non só permite realizar xestións que ata a data podían realizarse na oficina, por teléfono ou a través da web (como modificación de datos, consulta de consumos, envío de autolecturas con

fotografía, pago de facturas, consultas e solicitudes) se non que, a diferenza doutras aplicacións, Smart aqua permite comunicar directamente as incidencias aos usuarios afectados a través dun sistema de alerta (por exemplo, se se vai a producir un corte de auga programado nunha rúa por unha obra, mándaselle unha mensaxe aos usuarios que viven nesa zona para avisarlles con anterioridade).

Outra funcionalidade novidosa que fai desta aplicación a máis completa do mercado é a posibilidade de que o cidadán, sexa cliente ou non do Servizo Municipal de Augas de Nigrán, poida notificar avarías de xeito preciso ao incluír un sistema de xeolocalización e envío de ata 2 fotografías da incidencia. Esta información chega directamente á oficina de Aqualia, que desta forma poderá optimizar os tempos de resposta. No caso de Nigrán, que conta con 224 km de rede municipal de abastecemento, 183 km de colector municipal de saneamento e 34 estacións de bombeo de augas residuais, este sistema aporta moito valor á hora de actuar con maior rapidez.

Smart Aqua aspira a consolidarse como unha canle de comunicación e información para o cidadán: información sobre novas campañas, noticias, enquisas (a través das cales se interactuará e pulsará a opinión dos cidadáns), notificacións, entre outras. Tamén ofrecerá información concreta en relación con Nigrán: información sobre a orixe do auga, pegada hídrica, tarifas, modos de pago, e noticias do municipio. Estas funcionalidades converten a Smart aqua na aplicación máis completa ata a data no mercado.

A concesionaria Aqualia recorda que ten oficina na Avda Val Miñor 2 con teléfono de atención ao cliente gratuíta no 900813357 e de iformación e avarías no 900813047, ademais da web www.aqualia.es.

Máis información: http://www.smart-aqua.com/