O Concello de Nigrán e Cofraría –La Anunciada- celebran este fin semana no porto de Panxón unha nova edición de Mar de Sabores

O evento fusiona tradición mariñeira e gastronomía e inclúe varias exposicións, concertos, obradoiros para nenos, a simulación dunha poxa de peixe, o rescate dun golfiño…
Publicado por o día 31/08/2017 na sección de Eventos,Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán e Cofraría –La Anunciada- celebran este fin semana no porto de Panxón unha nova edición de Mar de Sabores

O Porto de Panxón será escenario esta fin de semana da segunda edición da festa “Nigrán, mar de sabores”, un evento que fusiona tradición mariñeira con gastronomía e ocio organizado entre Concello e Confradía de Pescadores ‘A Anunciada’ coa financiación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP). Nesta ocasión, as xornadas prestan especial atención á protección do medio ambiente mariño con diversas actividades organizadas baixo esta premisa.

O obxectivo deste evento, que se desenvolverá durante todo o sábado e domingo dende ás 11:00 horas, é por en valor os produtos pesqueiros locais máis representativos e o patrimonio cultural asociado ao mesmo. Así, os asistentes poderán degustar diferentes pratos (arroz mariñeiro, postres caseiros, navallas, percebes, polbo, mexillóns.. todo productos que comercializa o pósito e entre os que destaca, como novidade, un asado de ourizos) e ao mesmo tempo se ofrece unha programación ininterrumpida de ocio para todo tipo de público que inclúe exhibicións, obradoiros, xogos, actuacións musicais, unha exposición fotográfica na lonxa…

“Queremos promocionar a nosa cultura mariñeira dun xeito lúdico. A primeira edición reuníu a milleiros de persoas a Panxón, repercutindo directamente nos negocios locais, que se beneficiarán deste evento que axuda tamén a desestacionalizar o turismo, moi concentrado en xullo e agosto”, sinala o alcalde, Juan González.

Entre as actividades programadas destacan as exposicións fotográficas: unha na lonxa de Panxón sobre a pesca artesanal na costa de Baiona ou Nigrán, outra no Concello do CEMMA adicada a mamíferos mariños e patrimonio natural e, finalmente, dende hoxe no paseo marítimo de Panxón ‘Panxón e o seu Mar’, con imaxes tomadas este ano que reflexean o día a día dos mariñeiros da zona.  Ademáis, os asistentes ás xornadas festivas no porto terán a ocasión de ver acuarios con especies mariñas locais, gozar de zona de xogos para nenos… Todo elo acompañado de actuacións de grupos folk  (o sábado ás 13:00 Virandeira e ás 21:00 Vai Trío e o domingo ás 13:15 Os Terribles de Donas),  unha representación dunha poxa de peixe (domingo ás 12:15 horas) ou incluso a simulación do rescate dun golfiño como peche da programación o domingo ás 18:00 horas a cargo de CEMMA (Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños).

“A promoción e protección do medio ambiente marítimo é o eixo fundamental desta nova edición, que presenta importantes novidades con respecto á anterior”, sinala Raquel Giráldez, teniente de alcalde de Nigrán, quen explica que, ademais desta festa na lonxa, nas vindeiras semanas se organizarán dende o Concello xornadas de limpeza dunar en Praia América ou roteiros medioambientais pola contorna de Panxón e Monteferro.

En calquera caso, a programación desta fin de semana terá lugar no porto de Panxón, onde se instalarán carpas e se acondicionará o espazo para acoller este evento que arranca o sábado e domingo ás 11.00 horas para desenvolverse durante todo o día.

Cartaz