Concello de Nigrán e Escola Oficial de Idiomas proxectan no auditorio municipal “Vértigo”

Publicado por o día 23/11/2017 na sección de Cultura,Galicia,Nigrán

Concello de Nigrán e Escola Oficial de Idiomas proxectan no auditorio municipal “Vértigo”

O Concello de Nigrán e a Escola Oficial de Idiomas, a través da súa sección no Val Miñor, proxectan mañá venres ás 20.00 horas no Auditorio Municipal a película “Vértigo” de Alfred Hitchcock´s en versión orixinal (inglés).

A entrada é de balde. Trátase dunha obra maestra do cine de suspense sicolóxico estrenada en 1958 e que conta con James Stewart e Kim Novak como protagonistas.