O Concello de Nigrán elimina o cableado de baixa tensión na Rúa San Roque (Camos)

Os postes que invaden indiscriminadamente a calzada e as beirarrúas desaparecerán definitivamente en poucas semanas. O tendido telefónico xa foi retirado.
Publicado por o día 06/12/2017 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán elimina o cableado de baixa tensión na Rúa San Roque (Camos)

O Concello de Nigrán rematará as obras de soterramento do cableado de baixa tensión na rúa San Roque (Camos) a inicios de ano, eliminando definitivamente os postes que invaden aleatoriamente a calzada ou beirarrúas cos conseguintes probemas de seguridade e accesibilidade para peóns e condutores. Con anterioridade, e a instancias do Concello de Nigrán, Telefónica soterrou o seu tendido. A obra, xa en marcha, supón un investimento de 145.000 euros. O goberno local resolve así unha débeda histórica coa parroquia que foi reiterada dende hai anos pola Asociación de Veciños “A Camoesa”.

Así, actualmente a empresa Felix y Viñas SLU contratada mediante concurso público está a abrir gabias para, a continuación, realizar as acometidas e a canalización do cableado e, por último, quitar definitivamente os postes, debéndose rematar o traballo en menos de 8 semanas.

“Era dunha demanda fundamental dos veciños, xa que os postes dificultan a circulación segura dos vehículos e tamén a dos peóns; non se entende que a rúa permanecese así durante tantos anos”, indica Juan González, alcalde de Nigrán. Así, a eliminación destes obstáculos supón para o Concello de Nigrán un paso máis no seu política de accesibilidade, compromiso adquirido desde o goberno e no que se está traballando a través de diferentes proxectos e obras no municipio. “O noso compromiso non se vai a quedar aquí e realizaremos máis obras nesta liña”, garante González.