Concello de Nigrán habilita beirarrúas de acceso ao Humberto Juanes e elimina as barreiras físicas

Os escolares teñen este curso un roteiro seguro e accesible nunha contorna que anteriormente compartían por igual vehículos e peóns.
Publicado por o día 29/09/2017 na sección de Galicia,Nigrán

Concello de Nigrán habilita beirarrúas de acceso ao Humberto Juanes e elimina as barreiras físicas

Operarios municipáis do Concello de Nigrán rematarán antes de fin de mes a última fase das obras para facilitar un roteiro peonil seguro e sen barreiras físicas ao colexio Humberto Juanes, tal e como se contempla no proxecto de goberno “Un Nigrán para todos”. Así, habilitáronse beirarrúas en toda a contorna que linda co centro educativo (non existían) e, paralelamente, eliminouse o banzo que existía na cancela peonil de entrada a favor dunha rampla e reparouse o acceso para vehículos. Deste xeito, o colexio Humberto Juanes contará dende este curso cun roteiro peonil seguro e accesible nunha contorna que anteriormente compartían indistintamente vehículos e persoas (fundamentalmente nenos).

Así, na primeira fase das obras o Concello abrira un espazo ao carón das escolas infantís e antigas casas dos mestres co obxectivo de permitir un acceso peonil dende a Praza do Concello (obra enmarcada na reforma da pranta baixa do Concello e as súas inmediacións) e agora a ampliou o roteiro ata a mesma entrada do centro educativo.

“A mobilidade peonil é a forma natural e básica de desprazarse, na nosa política de goberno apostamos por crear roteiros seguros e accesibles que, sen dúbida, fan deste municipio un lugar amigable para as persoas”, reflexiona o alcalde, Juan González.