Concello de Nigrán inviste 20.000 euros na reposición do arbolado das principais beiravías de Porto do Molle

Moitos dos falsos pimenteiros que antes había non prenderon ou se atopaban en mal estado, polo que o goberno municipal os repuxo por 125 unidades de liquidambar.
Por o 09/12/2017 | Sección: Galicia,Nigrán
Concello de Nigrán inviste 20.000 euros na reposición do arbolado das principais beiravías de Porto do Molle
Compartir en:

O Concello de Nigrán inviste 19.724 euros na reposición do arbolado que ocupa os alcorques das principais beiravías do parque empresarial de Porto do Molle. O motivo é que os antes existentes, falsos pimenteiros, se atopaban en moi mal estado ou directamente non se conservaban, polo que o goberno local consideraba preciso repoñelos. En total, o Concello plantou esta semana 125 unidades de liquidambar styraciflua de 4 metros de altura coa garantía de que, de non enraízar algún elemento, a empresa suministradora o sustituirá por outro igual sen conste algún.

“Este é un parque que destaca como exemplo de calidade e respeto medioambiental e que aporta moitos beneficios ao municipio; era unha actuación prioritaria sustituír os árbores por especies que realmente se adapten a este lugar, o noso compromiso é revertir neste parque boa parte dos beneficios que xenera”, sinala o alcalde, Juan González. Neste sentido, o Concello apostou polo liquidambar, unha árbore caducifolia moi resistente con follas semellantes ás do arce e que no outono colle tonos dende amarelos a vermellos. Así, operarios de Brocoli, a empresa adxudicataria do mantemento das zonas verdes municipáis, repuxeron durante esta semana o arbolado nas rúas do parque empresarial.

Precisamente, seguindo este mesmo criterio, o Concello de Nigrán presentou a licitación o proxecto de acondicionamento integral do río Muíños (que discurre por Porto do Molle) nunha intervención na que se aposta por devolver ao río o seu equilibrio natural e á que se vinculan núcleos de ocio e deportivos públicos totalmente respetuosos coa contorna. “Son actuacións nas que a sostibilidade medioambiental é a premisa fundamental e que farán deste parque un referente de calidade”, resume o alcalde, Juan González.