Concello de Nigrán ofrece este venres unha tarde de concerto en Patos e posterior roteiro por Monteferro

Por o 03/08/2017 | Sección: Eventos,Galicia,Nigrán
Concello de Nigrán ofrece este venres unha tarde de concerto en Patos e posterior roteiro por Monteferro

O Concello de Nigrán ofrece mañá venres o concerto da Banda Escola da Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia ás 19.00 horas na Praia de Patos. Posteriormente, a través do Instituto de Estudos Miñoranos, prográmase a xeira nocturna “Talasonimia, naufraxios e arte rupestre en Monteferro”, con punto de encontro e inicio da ruta no Hostal Monteferro ás 20:30 horas, será guiada polo especialista Xosé Lois Vilar Pedreira. A ruta ten unha duración de 3 horas e media aproximadamente e os asistentes deben levar lanternas.

OBRADOIRO DE ARTESANÍA PARA NENOS EN PRAIA AMÉRICA

O Concello de Nigrán, a través da Feira de Artesanía de Praia América, ofrece como cada venres un obradoiro para os nenos neste lugar. Nesta ocasión será un taller de reciclaxe con cartón e plásticos no que se farán tartarugas de xoguete. A duración aproximada é de duas horas e é gratuíto.