Concello de Nigrán participa no programa da DEPO “tecendo lazos” cun curso de “reciclaxe creativo na familia”

A inscrición para este curso destinado á elaboración de obxectos de Nadal está aberta do día 30 de outubro ao 18 de novembro no Rexistro do Concello.
Publicado por o día 29/10/2017 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Medio Ambiente,Nigrán

Concello de Nigrán participa no programa da DEPO “tecendo lazos” cun curso de “reciclaxe creativo na familia”

O Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza o curso “Reciclaxe creativo en familia” no contexto do programa Tecendo Lazos. O curso está destinado a elaboración de obxectos relacionados co Nadal, con material de refugallo ( a modo de exemplo elaborarase tarxetas, separadores de libros, moedeiros, bandexas, paxaritas, caixas-niño …). O curso terá unha duración de 16 horas e desenvolverase dende o día 11 de decembro ata o día 20 de decembro, os luns, mércores e venres de 17.00 horas a 20.00 horas no Centro da 3ª Idade de Ramallosa.

Está destinado prioritariamente á persoas empadroadas en Nigrán e terán preferencia as persoas que formen parte da mesma familia, se inscriban xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos…). Poderán participar menores a partir de 10 anos.

O prazo de inscrición comeza o día 30/10 e remata o día 18/11. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello acompañada da seguinte documentación: fotocopia do DNI, autorización do pai, nai ou persoa responsable do menor e fotocopia de volante de empadroamento.