Concello de Nigrán pecha a programación de agosto co gran evento “Os patos surfean de noite”

As táboas luminosas volverán a tomar as ondas en Patos nunha gran festa que contará co afamado Dj Viktor Flores, sesións de beat box, o concerto de San Rockers ou espectáculo de lume, zumba nocturno…
Publicado por o día 28/08/2017 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Nigrán

Concello de Nigrán pecha a programación de agosto co gran evento “Os patos surfean de noite”

O Concello de Nigrán pecha este xoves 31 de agosto a programación de verán coa gran festa “Os Patos Surfean de Noite”, actividade na que este ano asume por vez primeira a organización xunto á Federación Galega de Surf e Patos Surf e no que colabora Novalbos. Así, as táboas iluminadas con fluorescentes volverán un ano máis a tomar as ondas en Patos ás 23:45 horas nun evento que arrancará ás 21:30 horas co concerto do grupo nigranés San Rockers en pleno solpor.

Dende o Concello de Nigrán consideramos que é unha actividade inmellorable para pechar o mes de agosto e despedir o verán. Une un dos deportes estrela no municipio co gran atractivo das nosas praias dando como resultado unha noite máxica”, resume o alcalde, Juan González.

Así, ao gran atractivo da exhibición de surf nocturno este ano hai que engadir a presencia de Dj Viktor Flores, quen foi residente de Vademecwum ata 2004 e seleccionado en 2003 como o único español participante ese ano na Red Bull Music Academy en Ciudad del Cabo (Sudáfrica). Este pinchará de 22:15 a 1:00 horas.

Ademais, os asistentes poderán gozar dun gran espectáculo de malabarismo con lume; da actuación de beat-box de Davbeat, presente no Marisquiño; ou dunha sesión de zumba nocturno con pinturas fluorescentes… Non faltará o clásico mercadillo surfeiro ou proxección de imáxenes surfeiras, ademais, nesta edición os asistentes poderán animarse a competir no concurso dos mellores artefactos luminosos (se se pode meter no mar supón un punto extra, en xogo hai cheques-regalo de Novalbos de 80, 60 e 40 euros). Como novidade, as tabóas de paddelboard con luminosos tamén se sumarán á festa facendo incluso unha ruta se o tempo o permite.