Concello de Nigrán reanuda programa de turismo social cunha excursión a Cambados e O Grove

O prazo de inscrición comeza este luns día 4 e finaliza o venres 8, o prezo é de 23 euros e inclúe transporte, comida e paseo en catamarán.
Publicado por o día 03/09/2017 na sección de Galicia,Nigrán,Turismo

O Concello de Nigrán pon en marcha un ano máis, dende o mes de setembro e ata finais de ano, un novo programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade co obxectivo de dar a coñecer aos maiores outros lugares de Galicia.

O programa arrancará o 14 de setembro cunha viaxe a Cambados e O Grove que inclúe paseo en barco pola ría de Arousa con degustación de mexillóns e visita guiada ao conxunto histórico-artístico de Cambados (vila mariñeira de San Tomé do Mar, ruínas de Santa Mariña e Fefiñáns). O prezo desta primeira viaxe é de 23 € e inclúe autobús, seguros, guía, xantar no Hotel Os Pazos de Cambados e paseo en barco. A hora de saída é ás 9.00 horas e o regreso estimado ás 21:00 horas. Os interesados poden inscribirse dende este luns 4 de setembro ao venres 8 de 9:00 a 14:00 horas na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán.

Posteriormente, con data aínda sen confirmar, levaranse a cabo dúas excursións máis de aquí ao final de ano a Carballiño e terras do Ribeiro e outra por diferentes municipios do Salnés.

O Goberno local de Nigrán entende que viaxar “non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moítisimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención”.

Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, "porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.