Concello de Nigrán retoma o programa de bailes para terceira idade este sábado

Publicado por o día 20/10/2017 na sección de Eventos,Galicia,Nigrán

Concello de Nigrán retoma o programa de bailes para terceira idade este sábado

O Concello de Nigrán, no seu desexo de voltar pouco a pouco á normalidade tras tres días de loito oficial polo terrible lume do domingo, reanuda a súa programación este sábado co primeiro dos bailes para a terceira idade que terá lugar de aquí a final de ano. Este será ás 19:30 horas no Auditorio Municipal de Nigrán e contará coa actuación en directo de Trío La Clave. Os seguintes bailes serán os sábados 18 de novembro e 16 de decembro á mesma hora.

O Concello de Nigrán anima a tódolos maiores a participar nesta actividade de ocio que conxuga aspectos tan importantes nesta etapa da vida como a socialización e a actividade física, contribuíndo con isto a un maior benestar físico emocional das persoas. Dende o Concello de Nigrán se leva a cabo tamén un programa de turismo social para a terceira idade con diferentes excursións, a última programada a O Carballiño e que foi posposta ao coincidir cos tres días de loito oficial polas dúas mulleres falecidas no incendio de Chandebrito.