Concello de Nigrán sustitúe as farolas do Paseo de Panxón por unhas novas de iluminación led

As antigas, de vapor de sodio e carentes de illamento, rexistraban avarías nos días de mal tempo. "Era un problema que nos transmitían frecuentemente veciños e hostaleiros da zona e que agora solventamos de raíz", indica o alcalde.
Publicado por o día 24/08/2017 na sección de Galicia,Medio Ambiente,Nigrán

Concello de Nigrán sustitúe as farolas do Paseo de Panxón por unhas novas de iluminación led

O Concello de Nigrán ven de sustituír as quince farolas ubicadas ao longo do paseo marítimo de Panxón por unhas novas de iluminación LED e por un importe total de 8.712 euros achegados a través do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

As antigas, de vapor de sodio e carentes de illamento, provocaban que nos días de mal tempo se avariasen. “Era un problema que nos transmitían frecuentemente veciños e hostaleiros da zona e que agora solventamos de raíz. Os fallos na iluminación acarreaban no peón sensación de inseguridade nunha zona co gran concentración de bares e restaurantes”, indica o alcalde, Juan A.González. Así, estas farolas foron sustituídas por outras novas tipo LED, o que supón un importantísimo aforro no consumo enerxético. As actuais, de deseño minimalista, contan cunha fonte de luz composta por 14 LED de alta eficiencia e 30 W de potencia, mentras que o soporte é de aceiro.

“Supoñen un importante aforro enerxético e ofrecen unha imaxe moderna no municipio; todo o que sustituímos é sempre por LED por un principio claro de sostibilidade”, indica González. De feito, como xa se fixo en todo o centro urbano, a nova medida suporá reducir a potencia de consumo entre o 51 % e o 80 %, o que ao mesmo tempo implica diminuír as costas de funcionamento das instalacións de iluminación pública e, sobre todo, permítelle ao Concello optimizar o gasto enerxético neste ámbito.