O concello de Nigrán volve a plantar o arbolado de Porto do Molle despois de que “Ana” tumbase

Publicado por o día 15/12/2017 na sección de Galicia,Nigrán

O concello de Nigrán volve a plantar o arbolado de Porto do Molle despois de que “Ana” tumbase

O Concello de Nigrán iniciou hoxe o replantado de árbores en Porto do Molle despois de que o temporal ‘Ana’ da pasada fin de semana  tumbase á gran  maioría sen causarlles ningún outro dano, debido á cantidade de auga acumulada nos alcorques non se puideron replantar antes.

O Concello invistiu 19.724 euros na reposición do arbolado das principais beiravías do parque empresarial de Porto do Molle xa que, os antes existentes (falsos pimenteiros) se atopaban en moi mal estado ou directamente non se conservaban, polo que o goberno local considerou preciso repoñelos. En total, o  Concello plantou 125 unidades de liquidambar styraciflua de 4 metros de altura coa garantía de que, de non enraízar algún elemento, a empresa suministradora o sustituirá por outro igual sen conste algún.