O Concello organiza este domingo a Festa da Auga con tobogáns acuáticos e animación na rúa Colón

“A nosa propia festa da auga no centro da cidade”, adiantou o alcalde, con animación musical e a instalación dun tobogán grande e dous pequenos para os máis cativos, que estarán operativos en horario de mañá e tarde este domingo 27 de agosto
Por o 23/08/2017 | Sección: Concello de Vigo,Eventos,Galicia,Vigo
O Concello organiza este domingo a Festa da Auga con tobogáns acuáticos e animación na rúa Colón

“A nosa propia festa da auga no centro da cidade”, adiantou o alcalde, con animación musical e a instalación dun tobogán grande e dous pequenos para os máis cativos, que estarán operativos en horario de mañá e tarde este domingo 27 de agosto.

Segundo explicou Abel Caballero, as actividades da Festa da Auga estarán dispoñibles en horario de mañá e tarde, dende as 11 ata as 2 da tarde e dende as 15:30 ata as 20 horas do domingo.

O Concello instalará un tobogán acuático grande na rúa Colón, entre Policarpo Sanz e a Alameda de Compostela, duns 130 metros de longo, que poderán empregar os nenos a partir de 6 anos e, ademais, instalaranse dous tobogáns pequenos na parte alta da rúa Colón para os cativos de entre 4 e 6 anos. Para o rexedor, trátase de celebrar “a nosa propia festa da auga” no centro de Vigo que amais dos tobogáns contará con animación, atraccións e música.

Con motivo da festa, desde o sábado pola tarde quedará cortado un carril da rúa Colón e desde a noite e durante todo o domingo estará pechada ao tráfico Colón e Marqués de Valladares.