O Concello paga as baixas dos traballadores subvencionados por Deputación e o PSOE confúndeo con perder parte da subvención

Unha das condicións do Plan Concellos 2016 era que as administracións locais devolverían a porcentaxe da axuda correspondente ao tempo que os contratados permanecesen de baixa laboral por enfermidade
Publicado por o día 10/05/2017 na sección de Galicia,Mos,Vigo

O Concello paga as baixas dos traballadores subvencionados por Deputación e o PSOE confúndeo con perder parte da subvención

A alcaldesa de Mos lamenta novamente a ignorancia e o descoñecemento do grupo municipal do PSOE, que afirma que a administración local mosense perdeu máis de 7.000 euros dunha subvención para emprego do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra.

Pois ven, Nidia Arévalo aclara a este respecto que o Concello de Mos non perdeu ningún diñeiro, señón que tivo que asumir o custe das baixas laboráis dos traballadores do Plan Concellos 2016, xa que o tempo que están de baixa non o subvenciona a Deputación e ten que pagalo a administración local.

Neste sentido insta aos socialistas mosenses a que se informen antes de salir cunha nota de prensa aos medios de comunicación facendo o ridículo. “Se se houbesen informado correctamente”, explica a rexedora, “saberían que temos dous meses para realizar a xustificación final desta subvención desde que finalizan os traballadores o seu contrato. Para realizar esta xustificación final, temos que enviar entre outra documentación unha certificación onde informamos  das cantidades abonadas en concepto de salario e cotización á Seguridade Social e as cantidades deducidas na liquidación de cotas aos mesmos (Modelo TC1), en concepto de incapacidade temporal dos traballadores  contratados (…), cuxa contía deberá excluírse do  cálculo do gasto total elixible realizado polo  Concello,  e  que , no seu caso, dará lugar á obrigación de reintegro  á  institución provincial”. “Polo tanto o que sucedeu foi que tivemos que devolverlle á Deputación a parte do salario dos traballadores proporcional ao tempo que estiveron de baixa e que ascendeu aos 7.000 euros que o PSOE de Mos di que perdemos e desperdiciamos. Mentira”, sentencia Arévalo.

Andan os socialistas tan perdidos que o que veñen dicindo é que acusan de inoperancia ao goberno local por non invertir toda a subvención concedida, cando a realidade non ten nada que ver con iso, xa que as baixas laboráis por enfermidade son unha circunstancia sobrevida que nada ten que ver coa boa ou mala xestión municipal. Sen embargo a que sí queda demostrada deste xeito é a inoperancia do PSOE, que segue a meter a pata de forma garrafal e ridiculizándose e poñéndose en evidencia públicamente unha e outra vez.