Foto: Perros.com
Un día despois de que funcionarios da Xerencia detectaran que o albergue da rúa Toledo carecía de licencia de actividade, é o informe de Bombeiros o que determina que “se deben tomar medidas con carácter urxente, non permitindo o uso destes locais tal e como se atopan nestes momentos por ofrecer un perigo potencial paras as persoas que se poidan atopar no seu interior, así como, en caso de incendio do baixo, os danos que se poidan atopar no seu interior” e, eventualmente, nas persoas, engadiu o rexedor.
Tal e como explicou, o Concello xa está a realizar os trámites precisos para proceder ao precintado das instalacións “porque a seguridade o e factor prioritario”. O rexedor asinará o decreto de peche tan pronto estea redactado porque existe risco para as persoas, tanto para os usuarios como para os veciños do inmoble.
Respecto dos usuarios, o alcalde suxeriu que poden acudir ao albergue municipal ou ao dos Hermanos Misioneros dos enfermos pobres e, ao ser cuestionado sobre se se lle permitiría reabrir o albergue no caso de que se reformaran as instalacións, Caballero asegurou que “se se establece nun lugar que reúne condicións” e ten licenza de actividade “non só lle diremos que si, senón que apoiarán economicamente “sempre que estea preparado en termos de seguridade e dignidade”.
Noticias de última hora en Vigo