O Concello de A Pobra de Trives informa á veciñanza que o consumo da auga é APTO

Publicado por o día 29/09/2017 na sección de Galicia,Ourense

A última hora da mañá de hoxe recibiuse no concello os resultados da última analítica realizada no Concello de A Pobra de Trives ao depósito de cabeceira Carballal no que se reflexa que o consumo de auga para uso humano é APTO, verificando a normalidade nos parámetros das analíticas e garantindo o bo estado da auga.

Tras tomar todas as medidas correctoras pertinentes dende o Concello de A Pobra de Trives, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade procede ao peche da situación de alerta. En canto se recibiu o levantamento da alerta se avisou á veciñanza a través dun bando e comunicandoo na páxina web e redes sociais do concello.