O Concello pon en valor o patrimonio histórico-cultural de Sárdoma e de Castrelos

As parroquias de Sárdoma e de Castrelos contan cunha guía que recolle a riqueza histórica e arqueolóxica dunha gran parte da cidade. Segundo explicou o rexedor, este roteiro servirá para poñer en valor un patrimonio que goza do máximo nivel de protección.
Por o 23/01/2017 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
O Concello pon en valor o patrimonio histórico-cultural de Sárdoma e de Castrelos

Abel Caballero e Carmela Silva presentaron esta mañá o Roteiro patrimonial de Sárdoma e Castrelos, un percorrido pola cultura e a historia dunha parte da cidade.

Nun folleto ilustrado recóllese a riqueza patrimonial desta parte importante da cidade, que chega ata Balaídos, no que se alude, entre outros á Ponte de Sárdoma, o Petroglifo de A Laxe ou Cruceiro da Costa.

En opinión do rexedor, esta presentación é “unha gran idea que coincide co oitavo centenario da igrexa románica de Castrelos, que tamén figura no tríptico. Todos estes elementos contan co máximo nivel de protección e o Concello vai seguir adiante coa súa conservación.