O Concello de Ponteareas define as categorías das 35 persoas desempregadas que contratará do Plan Concellos 2018

O Goberno de Ponteareas destina 367.646 euros para reforzar diversos servizos municipais con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, dos que 107.586€ son fondos propios municipais.
Publicado por o día 08/02/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

O Concello de Ponteareas define as categorías das 35 persoas desempregadas que contratará do Plan Concellos 2018

O Goberno de Ponteareas destina 367.646 euros para reforzar diversos servizos municipais con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, dos que 107.586€ son fondos propios municipais.

O Concello de Ponteareas presentará na Oficina de Emprego de Ponteareas a oferta para contratar a 35 persoas con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.Os contratos terán unha duración que oscilará entre os 8 e os 10 meses e comezarán, de maneira gradual.

A selección efectuarase previa presentación da oferta de emprego por parte do Concello no Servizo Público de Emprego, a cal se realizará, asemade, cun mínimo de 10 días de antelación en todos os casos, de xeito que todas as persoas interesadas teñan tempo suficiente de comprobar os seus respectivos códigos na Oficina de Emprego de Ponteareas.

Estas persoas deberán, ademais, estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e non poderán ser perceptoras de prestacións ou de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros).

As profesións e códigos de ocupación que se solicitarán a partir da presentación da correspondente oferta na Oficina de Emprego de Ponteareas serán:

LIÑA 3.-EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E O FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS

CATEGORÍA

MESES

NÚMERO DE TRABALLADORES SOLICITADOS

Código Nacional de Ocupación

TÉCNICO/A DEPORTES(TAFAD)

9

1

37.23.10.77

TÉCNICO SUPERIOR EN MEDIO AMBIENTE

10

1

31.29.11.89

CICLO SUPERIOR PROXECTOS

9

1

31.22.10.96

AUXILIARES ADMINISTRATIVOS

10

3

43.09.10.29

AUXILIARES ADMINISTRATIVOS

8

2

43.09.10.29

AUXILIAR PUERICULTURA

10

1

22.52.10.13

TÉCNICO SUPERIOR EN SON PAR AUDIVISUAIS E ESPÉCTACULOS

9

1

38.31.11.03

AXUDANTE DE COCIÑA

10

1

93.10.10.24

OFICIAL OFICIOS VARIOS

8

2

71.91.10.12

TÉCNICO/A TURISMO

8

1

26.30.10.20

OFICIAL III( ALBANEIS)

8

3

71.21.10.15

OFICIAL III (FONTANEIRO/A)

8

1

72.21.10.12

PEÓNS VÍAS E OBRAS

8

2

96.01.1029

PEÓNS MEDIO AMBIENTE (PARDELLAS )

9

1

95.12.10.19

PEÓNS MEDIO AMBIENTE

6,5

14

95.12.10.19

TOTAL SUBVENCIONABLE

35