O Concello de Pontevedra promove unha actuación urxente no carballo de Santa Margarida

Expertos da Estación Fitopatolóxica da Deputación avaliaron o carballo e sinalaron a necesidade de suxeitar as ramas máis pesadas e darlle un tratamento biolóxico
Publicado por o día 09/08/2017 na sección de Galicia,Pontevedra

O Concello de Pontevedra promove unha actuación urxente no carballo de Santa Margarida

A Concellería de Medio Natural, que dirixe Alberto Oubiña, púxose en contacto coa Xunta – consellerías de Cultura e Medio Ambiente- e coa Delegación de Patrimonio do Arcebispado de Santiago co fin de coordinar unha actuación urxente e tamén definir unha estratexia de longo percorrido para conservar e manter no mellor estado posíbel o carballo de Santa Margarida.

A prioridade é que se autorice as intervencións urxentes definidas polos expertos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro da Deputación Provincial que veñen de facer unha avaliación-diagnose sobre o estado da árbore a petición do Concello. O informe técnico que fixo chegar á Xunta recomenda facer sen máis dilación:

  • Suxeitar as ramas principais que máis carga presenten, principalmente a de grandes dimensións que da cara a vía principal e que xa presenta unha fenda en toda a súa lonxitude
  • Repetir o tratamento biolóxico que se dera no paso e darlle outro cun produto a base de fungos que poden limitar o desenvolvemento de fundos patóxenos do solo.

O concelleiro de Medio Natural, Alberto Oubiña, sinalou a boa disposición amosada na Xunta ao requirimento feito e agarda unha resposta en breve.