O Concello promoverá o recoñecemento da Reconquista como Festa de Interese Turístico Nacional

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que o Concello solicitará que a Reconquista sexa declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Logo de facer unha valoración moi positiva da edición deste ano, insistiu na busca de fórmulas que permitan unha maior participación da xente.
Publicado por o día 03/04/2017 na sección de Concello de Vigo,Turismo,Vigo

O Concello promoverá o recoñecemento da Reconquista como Festa de Interese Turístico Nacional

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que o Concello solicitará que a Reconquista sexa declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Logo de facer unha valoración moi positiva da edición deste ano, insistiu na busca de fórmulas que permitan unha maior participación da xente.

O rexedor cualificou de “excepcional” a celebración da Reconquista o pasado fin de semana, cun “cheo total de xente, tanto sábado como o domingo”. Esta gran romaría urbana contou con gran afluencia de habitantes de Vigo e de toda a área metropolitana, que viñan a pasear, a divertirse nas rúas do Casco Vello. Respecto a seguir mellorando a festa, avanzou á intención do goberno local de reclamar o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional así de como buscar fórmulas para lograr maior participación da xente na escenificación deste episodio histórico.