O Concello realizará unha inspección técnica no CEIP Castelao

O alcalde anunciouno este luns logo de reunirse coa AMPA do centro que lle transmitiu a “alarma” pola situación na que se atopa o alumnado por mor das obras que realiza a Xunta de Galicia e que impiden o normal desenvolvemento da docencia.
Publicado por o día 25/09/2017 na sección de Concello de Vigo,Educación,Galicia,Vigo

O Concello realizará unha inspección técnica no CEIP Castelao

Abel Caballero trasladou a preocupación e “alarma” das nais e pais e tamén do profesorado do CEIP Castelao de Navia debido ás obras que a Xunta está executando nas instalacións e que provocan “deficiencias serias e riscos innecesarios para a saúde os nenos e nenas ata o punto de que algúns non poden asistir a clase polo excesivo po” que xeran os traballos, mencionando, por exemplo, o ximnasio que se atopa “en condicións non óptimas”.

Así, o alcalde informou do envío mañá martes dunha inspección técnica do Concello ao centro para comprobar as condicións nas que se está impartindo a docencia, apuntando que “non se poden compatibilizar” as clases cunha obra desta envergadura. Segundo lle explicaron dende a ANPA, as obras están implicando “mala atención aos nenos que van a clase e riscos potenciais para o alumnado”, de maneira que Caballero instou á Xunta de Galicia a que “garanta as condicións do centro”.