O Concello recibe de Europa un millón de euros para o seu plan municipal de emprego xuvenil

Por o 20/07/2017 | Sección: Concello de Vigo,Emprego,Galicia,Vigo
O Concello recibe de Europa un millón de euros para o seu plan municipal de emprego xuvenil

Caballero anunciou este xoves a consecución dunha subvención europea de case que un millón de euros para o programa municipal de emprego xuvenil. O alcalde amosou a súa satisfacción pola axuda concedida pois significará formación e ingresos para a mocidade viguesa e poder “seguir facendo máis emprego, que é o noso obxectivo”. 

O Goberno de Vigo vén de acadar unha subvención europea próxima ao millón de euros para o programa municipal de emprego xuvenil, unha axuda que o Concello completará coa achega dunha cuarta parte do orzamento total. Abel Caballero amosouse este xoves “moi contento” pola consecución destes fondos europeos para a formación retribuida da mocidade viguesa. “Poderemos seguir facendo máis emprego, que é o noso obxectivo”, concluíu o alcalde.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.