O Concello reforza os seus servizos de emerxencia pola chegada mañá dun temporal (Ana) de chuvia e vento

Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, brigadas municipais, concesionarias e empresas colaboradoras, listas para actuar
Publicado por o día 09/12/2017 na sección de Galicia,Pontevedra

O Concello reforza os seus servizos de emerxencia pola chegada mañá dun temporal (Ana) de chuvia e vento

O Concello de Pontevedra ten en alerta os seus servizos de emerxencias en previsión da chegada mañá, domingo, dun forte temporal de chuvias e vento -agárdanse rachas de ata 120 km/h- que afectará a toda Galiza e de xeito especial as Rías Baixas na tarde e noite de mañá. A Axencia estatal de meteoroloxía outórgalle o nivel laranxa ao fenómeno meteorolóxico adverso que entrará en Galiza nas próximas horas.

Os servizos de emerxencia municipais están preparados para atender calquera incidencia baixo a coordinación da Concellería de Protección Cidadá. No operativo están implicados a Policía Local (con reforzos máis amplos pola tarde e noite), Bombeiros, Protección Civil, os servizos técnicos e as brigadas municipais, as empresas concesionarias e tamén algunhas das empresas colaboradoras co Concello por si se precisase maquinaria pesada para algunha intervención.

– Ante a chegada do temporal, o primeiro de intensidade deste inverno, a Policía Local fai unha serie de recomendacións_

– Evitar camiñar polas rúas, especialmente preto das fachadas por perigo de caída de obxectos (tellas, lousas, etc.)

– Chamar ao 092 no caso de sufrir algún incidente vencellado ao temporal

– Asegurar fiestras e portas