O Concello renovou nos tres últimos anos a terceira parte dos semáforos da cidade

Os novos semáforos que se instalan na cidade están dotados con últimas tecnoloxías para facilitar a seguridade e a accesibilidade. Con ese obxectivo, o Concello renovou nos tres últimos anos a terceira parte dos equipos semafóricos da cidade.
Publicado por o día 30/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello renovou nos tres últimos anos a terceira parte dos semáforos da cidade

O alcalde deu conta esta mañá da renovación ou instalación de 29 semáforos, que se suman aos 76 e aos 87 que se colocaron en 2016 e 2017, respectivamente. Deste xeito, explicou, nos últimos tres anos renovouse a terceira parte dos dispositivos semafóricos da cidade, tendo en conta que Vigo ten habilitados aproximadamente 600 distribuídos en preto 250 cruces semafóricos. Deste xeito, incorpóranse melloras tecnolóxicas como as luces led ademais de mellorar a seguridade e a accesibilidade con sistemas bluetooth para invidentes.

No que vai de ano instaláronse, entre outros, un en Álvaro Cunqueiro, dous en Vía Norte, dous en Gregorio Espino, dous en Florida, dous en Clara Campoamor ou un en Julián Estévez. Algúns destas novas instalacións están ligadas ás obras de humanización para mellorar a seguridade da zona.