O Concello retoma por dous anos os Coidadores de Barrio con máis dun millón de euros

Informou Abel Caballero este xoves que a goberno de Vigo aprobou o convenio con Érguete para impulsar de novo o programa, esta vez por dous anos, contratando 47 profesionais con presenza no Calvario, Teis, Casco Vello, Travesas e Bouzas-Coia.
Publicado por o día 01/03/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello retoma por dous anos os Coidadores de Barrio con máis dun millón de euros

A Xunta de Goberno Local, reunida este xoves, acordou validar este convenio de colaboración coa Funcación Érguete-Integración, no marco do Plan municipal de Emprego. Así, segundo informou o rexedor en rolda de prensa, o Concello retoma os Coidadores de Barrio, unha iniciativa de “gran éxito cidadá”.

En virtude deste convenio, os Coidadores de Barrio terán presenza no Calvario, Teis, Casco Vello, Travesas e Bouzas-Coia. O acordo con Érguete terá unha vixencia de dous anos e permitirá a contratación de 47 profesionais para levalo adiante.

Abel Caballero non desbotou seguir ampliando no futuro este programa, que supón a creación de postos de traballo e tamén un apoio no propio barrio a, por exemplo, persoas que viven solas.

Humanizacións
O goberno vigués avanzou este xoves en duas humanizacións máis na cidade, coas aprobacións da clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- da remodelación da rúa Fátima e do proxecto da quinta fase da reforma da rúa Aragón.

Neste último caso, a quinta fase da humanización de Aragón presenta un importe superior ao millón de euros e un prazo estimado de nove meses de obras. O Concello renovará pavimentos, instalacións de alumeado, rego, semáforos e as canalizaciós de abastecemento e saneamento.

En Fátima, o Concello vigués reserva 225.000 euros para uns traballos de humanización estimados en catro meses, nos que se cambiarán as redes de abastecemento, saneamento, electricidade e alumeado público, ademais dos pavimentos e da instalación de mobiliario urbano.

Carballal
A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación para a reforma dos vestiarios e instalacións no campo de fútbol do Carballal, recinto “de forma gratuita e case que exclusivo polo Gran Peña”, resaltou Caballero.

O Concello adica á mellora 415.000 euros, con catro meses de prazo estimado de obras. O total de investimento municipal no Carballal ronda o millóns de euros, a primeira fase da mellora xa executada.