O Concello revalida o seu compromiso con Conxemar con 100.000 euros para emprego

O rexedor elevou esta mañá a 40 millóns a partida municipal adicada a políticas de emprego, con 5,4 millón en accións directas e uns 35 millóns en inversións públicas. Un deses convenios de cooperación é o asinado esta mañá polo rexedor con Conxemar, dotado de 100.000 euros, que lle permitirá manter o seu cadro de persoal, formado por 16 profesionais.
Publicado por o día 10/06/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O Concello revalida o seu compromiso con Conxemar con 100.000 euros para emprego

Abel Caballero deu conta esta mañá da sinatura dun convenio de 100.000 euros con Conxemar no marco do fomento municipal de emprego para 2017. Con este acordo, o Concello apoia a contratación de 16 profesionais que conforman o cadro de persoal dunha entidade que conta con empresas asociadas que facturan case 3.000 millóns de euros e manteñen máis de 7.000 empregos directos. Esta feira, ademais, dixo o rexedor, actúa como dinamizador do sector da pesca conxelada que totaliza un movemento de 800.000 toneladas e xera miles de postos de traballo. Neste punto, Caballero lembrou que foi o Concello o que apoiou a Conxemar cando tivo que enfrontarse á competencia desdeal que lle fixo Barcelona -co visto bo do Goberno Central e sen que a Xunta actuara en defensa de Vigo.

En declaracións aos medios, o alcalde destacou que o de Conxemar forma parte dos convenios asinados en materia de emprego, por importe superior ao millón de euros, ao que se suman outros 1,6 millóns que se asignan por concorrencia competitiva. Aos 5,4 millóns aos que se eleva o Plan de Emprego municipal, hai que sumar os máis de 35 de investimentos, o que supón unha inversión en materia de emprego superior aos 40 millóns de euros.