O Concello de Silleda convoca aos propietarios dos terreos onde se ubican os xacementos que se sinalizarán a través da Deputación de Pontevedra

Mañá celebrarase no Concello unha xuntanza cos donos das fincas para exponer o proxecto de posta en valor dos petroglifos
Publicado por o día 13/02/2018 na sección de Galicia

O Concello de Silleda convoca aos propietarios dos terreos onde se ubican os xacementos que se sinalizarán a través da Deputación de Pontevedra

A concelleira de Cultura e Turismo, Ana Luisa González, manterá mañá mércores un encontro cos propietarios dos terreo onde se ubican algún dos xacementos arqueolóxicos da zona sur do municipio silledense que se busca poñer en valor cun proxecto de sinalización.

A concelleira, xunto con técnicos do departamento e o arqueólogo Israel Picón, explicarán aos propietarios o proxecto que se levará a cabo logo de acadar o visto bo da Deputación Provincial que financiará a totalidade do proxecto cunha subvención de 9.250 euros.

Na sesión de mañá están citados os donos dos terreo sonde se ubican os petroglifos de Pena das Cazolas, Chao dos Petos e Pena Longa. A iniciativa consiste na instalación de paneis informativos sobre o patrimonio  histórico e cultural dos bens inmobles de interese municipal centrados nos xacementos e zonas arqueolóxicas das parroquias mais meridionais do concello de Silleda presididas pola Serra do Candán.

Nesta zona atópanse máis de medio centenar de xacementos arqueolóxicos de diferente tipoloxía:

poboados da idade do Ferro, petróglifos prehistóricos e históricos, enterramentos neolíticos….

De xeito xeral a sinaléctica estará redactada en tres idiomas, galego (principal), castelán e inglés.

“A idea de actuar na promoción do territorio e mais concretamente no ámbito do patrimonio no entorno de Cortegada, Oleiros, Laro, Siador e Refoxos, contribuindo a dinamizar a zona ademais da difusión e posta en valor do amplio patrimonio histórico e cultural”, apunta a concelleira.