O Concello urxe ao Consorcio do Casco Vello a actuar no Berbés

O rexedor informou este venres do inicio de obras de rehabilitación en tres inmobles do Berbés, por parte do Consorcio do Casco Vello de Vigo, unhas obras que, ao seu entender, deben der “un grande obxectivo”
Por o 02/09/2016 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
O Concello urxe ao Consorcio do Casco Vello a actuar no Berbés

O rexedor informou este venres do inicio de obras de rehabilitación en tres inmobles do Berbés, por parte do Consorcio do Casco Vello de Vigo, unhas obras que, ao seu entender, deben der “un grande obxectivo”.

Abel Caballero considera que a actuación urbanística na contorna do Berbés ten que constituírse nunha “grande prioridade” polo que o Concello instou ao Consorcio do Casco Vello a iniciar a rehabilitación de fachadas.

Segundo sinalou o alcalde, no presuposto aprobado da entidade para 2017 contémplase o inicio da rehabilitación de tres inmobles nos números 5, 7 e 41 cun importe reservado de 581.000 euros, para un orzamento total das obras de 2.741.000 euros, cunha achega adicional do Instituto Galego e do Concello de 220.000 euros.

Así, dixo, “aumentamos a achega municipal” e “urximos” ao Consorcio a que actúe no Berbés, que é “un grande obxectivo”, de maneira que “nos propoñemos reforzar” a acción de rehabilitación nos edificios do Berbés.