O Concello urxe á Xunta a encargar o proxecto do acceso directo á AP9 en Teis

Segundo explicou este luns o alcalde, o Ministerio de Fomento xa remitiu o borrador do proxecto da obra á Consellería de Infraestruturas, polo que reclama que se inicien os traballos e se doten de orzamento.
Publicado por o día 31/07/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

“Agora non valen desculpas porque xa teñen o proxecto no seu poder e confío que no próximo presuposto da Xunta apareza unha partida singular” para o acceso directo desde a Avenida de Bos Aires á AP9.

O Concello, tal e como sinalou Abel Caballero, remitiu este mes de xullo, o borrador da proposta viguesa para a conversión en vía urbana do tramo final da AP9 en Teis que contempla “a conexión nas catro direccións, para que se poida entrar na autoestrada en calquera dirección”. Por iso, urxe á Xunta a “que encargue o proxecto e inicie as obras” dado que é a administración responsable porque o goberno municipal non ten a competencia para facelo. Esixe tamén que a partida orzamentaria destinada a esta obra sexa similar á dedicada polo goberno autonómico ao túnel do Parrote na Coruña, que foi de 12 millóns de euros “e aquí temos 60.000 habitantes máis”.