O Concello valora a construción dun pavillón polideportivo en Zamáns

É o compromiso que sae da reunión mantida este xoves entre Abel Caballero e os membros da Comunidade de Montes de Zamáns que lle presentaron un anteproxecto da nova infraestrutura. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou axudas para obras en espazos privados de uso público.
Publicado por o día 13/10/2016 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Vigo

O Concello valora a construción dun pavillón polideportivo en Zamáns

O rexedor mantivo unha xuntanza este xoves cunha representación da Comunidade de Montes de Zamáns, con quen o Concello está traballando de forma conxunta para a construción dun pavillón polideportivo. No encontro, a Comunidade presentou un anteproxecto para erguer a nova infraestrutura, que contaría con 350 asentos nas gradas e que tería un uso “polivalente”, seguindo coa acción do goberno local de dotar á cidade de “instalacións deportivas importantes”. Segundo explicou Caballero, o Concello tamén se comprometeu a manter e cubrir as instalacións deportivas actuais conformadas por un campo de fútbol, baloncesto e balonmán así como o local da Asociación de Veciños de Zamáns.

Axudas para espazos público-privados
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as axudas para as obras de reurbanización de prazas ou espazos privados de uso público de Vigo nunha convocatoria orientada ás comunidades de propietarios ou mancomunidades cun importe de 65.000 euros que manteñen esta “fórmula urbanística antiga pero que segue estando na cidade”. Con este programa, o Concello quere apoiar a mellora dos espazos de convivencia veciñal ordenándoos e urbanizándoos de xeito que permitan garantir a participación cidadá