O Concello de Vigo activará un dispositivo especial para a limpeza de San Xoan

FCC, a empresa concesionaria de limpeza en Vigo, mobilizará a 61 persoas e 25 vehículos para manter limpa a cidade na noite máis curta do ano.
Publicado por o día 21/06/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello de Vigo activará un dispositivo especial para  a limpeza de San Xoan

FCC, en coordinación co Concello de Vigo, activará un dispositivo composto por 61 persoas e 25 vehículos para as operacións de limpeza con motivo da festividade de San Xoan co obxectivo de retirar todos os residuos durante as primeiras horas da mañá do día 24 en diversos puntos da cidade.

Dispositivo especial San Xoan

Os medios materiais son os seguintes:

• 8 tractores con pa para retirar lixo e cinzas

• 2 cribas

• 2 camións porta-colectores para retirar a cinza depositada polos tractores nos colectores metálicos de 25 metros cúbicos

• 2 cisternas de baldeo con capacidade variable desde 9.500 – 15.000 litros, para arrefriar as cinzas depositadas nos colectores metálicos de gran capacidade

• 2 vehículos todo terreo para a retirada das bolsas cos residuos recollidos de maneira manual

• 7 camións caixa aberta de distintas dimensións

• 1 baldeadora de dimensións reducidas con capacidade de 5.000 litros

• 1 varredora

Os medios humanos son os seguintes:

• 25 operarios a pé para limpar manualmente os areais

• 23 condutores de vehículos (tractor, vehículos porta-colectores, baldeadora, camión brigada, etc.)

• 13 operarios para limpar a pé o centro da cidade