Concello de Vigo distribúe 1.600 entradas a diferentes colectivos da “grada cidadá” de Balaídos

A Xunta de Goberno Local aprobou o convenio co Celta para retomar o reparto de entradas esta temporada entre colectivos sociais. Tamén deu o visto bo ao convenio de colaboración co Rápido de Bouzas para a cesión das instalacións deportivas, que inclúe o pagamento de 40.000 euros anuais polo canon ao Porto, e aos convenios coa Fundación Secretariado Xitano, por valor de 16.000 euros, e coa Asociación de Veciños Fonte do Galo.
Publicado por o día 30/09/2016 na sección de Celta,Concello de Vigo,Social,Vigo

Concello de Vigo distribúe 1.600 entradas a diferentes colectivos da “grada cidadá” de Balaídos

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres as bases e convocatoria de subvención do expediente de contratación para a adquisición de entradas para os partidos do Real Club Celta para la temporada 2016-17. Son 1.600 entradas para a grada de Gol que serán entregadas a diferentes colectivos para que asistan aos partidos da Liga de Fútbol Española, da Copa do Rei e da UEFA: 1.100 entradas serán destinadas a escolares de colexios públicos a través da Federación de Asociacións de Nais e Pais, 200 para escolares de centros concertados da cidade, 35 quedarán distribuídas entre persoas afectadas por discapacidade psíquica e menores residentes en centros de acollida, 245 distribuídas entre persoas en situación de desemprego e 20 entre voluntarios e movementos sociais que cooperan co Concello de Vigo.

O alcalde explicou que o obxectivo desta “grada cidadá”, que financian o Concello e o Celta ao 50%, é facilitar o acceso aos partidos a persoas que por distintas razóns non poden facelo pola súa conta coa características de que “nunca repiten os beneficiarios” porque se van rotando os destinatarios.

Convenio co Rápido de Bouzas
No ámbito deportivo, a Xunta de Goberno Local aprobou o convenio de colaboración coa Entidade Deportiva Rápido de Bouzas para regular a utilización da instalación municipal do campo de fútbol que o Concello lles cede en uso para que a entidade poida desenvolver o seu programa deportivo. Segundo apuntou o rexedor, o Concello asume o pago do canon pola ocupación dos terreos onde se sitúa o campo á Autoridade Portuaria de 40.000 euros anuais, polo que apelou a “repensar a colaboración do Porto coa cidade”, tendo en conta que “considera ilóxico” que se lle pague esa cantidade “a cambio de nada”, engadindo que a situación se repite no caso o IES de Bouzas. Quedou aprobada tamén a proposta de adxudicación do expediente de contratación das obras de mantemento e reparación dos campos de fútbol municipais de Comesaña e do Meixoeiro por un importe de 62.000 euros e 43.000 euros.

Colaboración con entidades sociais e veciñais
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano para axudar ao financiamento dos seus programas de loita contra a discriminación por un importe de 16.000 euros así como o convenio de colaboración coa Asociación de Veciños Fonte do Galo para axudar ao pago de aluguer do seu local, tal e como se fai o Concello co resto da corentena de entidades do movemento veciñal vigués como parte da cooperación municipal.

Ademais, deuse o visto e prace á dación de conta dos datos das obras de renovación das redes de saneamento nas rúas Lotas e Brea, da rúa Bueu cun presuposto superior aos 800.000 euros e da Avenida de Galicia, na parroquia de Teis, cun orzamento de 200.000 euros. Esta obra, apuntou Caballero “é competencia e obriga da Xunta de Galicia que como non o fai ten que facelo o Concello”.