O Concello de Vigo paga aos seus provedores na metade de tempo que a Xunta

Por o 03/10/2017 | Sección: Concello de Vigo,Economia,Galicia,Vigo
O Concello de Vigo paga aos seus provedores na metade de tempo que a Xunta

O alcalde avanzou esta mañá que o prazo de pago a provedores do Concello no mes de xullo foi de 17 días, mentres que o da Xunta de Galicia foi de 33 días, case o dobre. Tal e como explicou, Vigo pagou 13 días antes de que empecera o período contable da demora, é dicir, un mes despois do rexistro da factura, mentres que a Xunta o fixo 3 días despois. 

O pasado mes de xullo, o período de pago a provedores en Vigo foi de -13 días, o que supuxo que abonara as súas facturas trece días antes que comezara a contabilización da demora que se computa a partir de trinta días, unha vez rexistrado o cargo. Deste xeito, o Concello pagou as súas facturas en 17 días, mentres que a Xunta o fixo en 33 (3 días despois do inicio do período contable).

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.