Coincidindo coa celebración do xuízo, delegados e delegadas da realizaron este martes unha concentración solidaria con Pablo Fragoso, para quen a Fiscalía solicita unha sanción de 1.850 euros por “aldraxe á bandeira española”. Unhas acusacións que o compañeiro rexeitaba novamente ás portas do xulgado, enmarcando a denuncia nunha “vinganza” do Almirante do Arsenal polo conflito protagonizado entre 2014 e 2015 polas traballadoras da limpeza das instalacións.
Por iso, entende que o xuízo deste martes “é unha vinganza” do Almirante que había entón por todo o conflito desenvolvido polas traballadoras de Cleanet (adxudicataria do servizo de limpeza) en demanda do cobro dos seus salarios. Unha situación laboral, aseverou, da que o responsábel militar se desentendeu completamente, importándolle máis que se gardara silencio durante o izado que os dereitos das traballadoras.
Neste senso, lembrou que a CIG-Servizos tivo que presentar denuncia contra o arsenal por vulneración do dereito á folga das traballadoras, xa que se estaba a obrigar ao persoal militar a realizar as tarefas de limpeza. De igual xeito, subliñou que a denuncia contra del foi presentada por persoal militar cando o conflito xa estaba solucionado.
O xuízo, que a dende a CIG de Ferrol cualifican de inxusto, quedou visto para sentenza.