Concentración: Caballero, o lado escuro das políticas sociais

Publicado por o día 11/12/2017 na sección de Galicia,ODS Coia,Protestas,Social,Vigo

Concentración: Caballero, o lado escuro das políticas sociais

Nuns días estrease a nova peli de Star Wars, en Coia non queriamos desaproveitar a ocasión para ofrecer a nosa ollada sobre esta saga. Por iso o vindeiro martes 19 de decembro convocamos unha concentración baixo o lema: Caballero, o lado escuro das políticas sociais. Será a partires das 12:00 no parque de “Os volcáns” (avenida de Castelao 80 – Coia).

O villano da nosa película é Abel Caballero, que nos leva ao lado escuro coas súas políticas sociais. Hai uns días a Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais cualificaba como “precario” o gasto social de Vigo (tan só 42,43 € por habitante). Cifras que falan das prioridades deste goberno. Mentres moitas veciñas non teñen cubertas as necesidades básicas, dende o concello dilapidan centos de miles de euros no alumeado de Nadal, nunha pomposa reforma do parque de “Os volcáns”, en reformar Balaidos ou en chantar un barco nunha rotonda.

Abonda xa de tirar os cartos en facer de Vigo unha cidade de costas ás viguesas. Acode á concentración para evitar que esta cidade siga camiñando cara o lado escuro.