Concentración contra a violencia de xénero en Vigo

Publicado por o día 29/05/2018 na sección de Colectivos Feministas,Galicia,Social,Vigo

Concentración contra a violencia de xénero en Vigo

Como ven sendo habitual, a asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 31 de maio ás 20:00 h na Rúa Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), como mostra de repulsa da violencia machista en todas as súas manifestacións.

Un novo ano, onde a violencia contra ás mulleres non cambia nada, somentes o delincuente, aínda que en moitas ocasións é o mesmo quen repite as agresións. Son 33 as mulleres asasinadas por violencia machista no que vai de ano. Na Rede seguimos denunciando na rúa, nas institucións e en todos os medios ó noso alcance a falla de compromiso social e institucional coas mulleres.

Nesta ocasión é a Artista Plástica, Paula Mariño Pazo, a encargada de ler o comunicado en mostra de solidariedade coas mulleres que sofren a máis despiadada manifestación do machismo, a violencia de xénero.

Agardamos contar con todas e todos vós, para que se escoite a voz de todos os sectores sociais contra a lacra intolerable da violencia contra as mulleres.