Concentración contra agresión a Siria

Publicado por o día 03/09/2013 na sección de Vigo

Concentración contra agresión a Siria

 Diferentes colectivos, organizaciones y partidos políticos han firmado un manifiesto titulado “Non a agresión imperialista contra Siria” después de las alarmas que han desatado diferentes países por un posible ataque inminente al pueblo sirio, para una concentración que tendrá lugar en el Museo do Marco el jueves día 5 a partir de las 20:00 h.

  Román Alonso, coordinador local de EU, uno de los partidos firmantes del manifiesto, hace un llamamiento a la población a demostrar una vez más como ha hecho Vigo en otras ocasiones, su malestar a la más que posible guerra que se avecina.  A continuación le dejamos el cartel de la concentración así como el manifiesto publicado.

Concentración Siria Vigo

 

[box type=”info” align=”aligncenter” width=”600″ ]

Non á agresión imperialista contra Siria!

Pola soberanía dos pobos

  A barbarie vén de ser anunciada por medio de novas ameazas de guerra. Resoan de novo os tambores, mais os Estados Unidos, Franza e Gran Bretaña xa levan moito tempo intervindo militarmente en Siria, por medio da entrega de armamento, apoio loxístico, adestramento e envío de milicias armadas desde o exterior. Este conflito, que desde hai dos anos é presentado nos medios de comunicación como un enfrontamento civil, é unha guerra encoberta creada, financiada e dirixida en todo o momento desde o exterior.

  Non é mais que unha operación desas potencias polo control dunha zona -e dos seus recursos- e que tivo os seus episodios anteriores nas guerras de Iraq, Afganistán ou Libia. Primeiro arman e promoven os ataques terroristas contra o pobo sirio, e despois utilizan a situación creada como escusa para invadir o país. Agora mesmo, ante a constatación dos avances do goberno sirio, os Estados Unidos e os seus aliados veñen de propor a intervención militar directa, o que terá consecuencias dramáticas para a poboación e para a paz internacional.

  A propaganda de guerra recorrerá a todas as escusas necesarias para xustificar un salto cualitativo na súa ofensiva militar, que non ten máis obxectivo que defender os intereses estratéxicos das potencias imperialistas. Repiten o procedemento aplicado en moitos outros países, afirmando que é necesario bombardear á poboación civil para defendela. Os resultados deste imperialismo revestido de humanitarismo están á vista en todos os países nos que se aplicou: millóns de persoas mortas e desprazadas, aumento xeneralizado da violencia, a pobreza e a corrupción, reforzamento das posturas máis sectarias e regresivas, e entrega dos recursos ao servizo de intereses foráneos, por medio de oligarquías mafiosas involucradas en tráfico de armas, drogas e persoas.

  Non podemos agardar algo diferente para a Siria. Cando falen de armamento ilegal, teremos que lembrar que son os mesmos que ían destruír as armas de destrución masiva en Iraq, o que se demostrou como unha mentira deliberada. Cando falen de axudar a poboación, teremos que sinalar que o mesmo pretendían en Libia, cando bombardearon o país para dar a volta ao conflito e chegar hoxe a se apoderar do seu petróleo. Cando falen de democratización, pensemos no goberno títere imposto en Afganistán pola OTAN e na ocupación militar que aínda padece. Cando argumenten a necesidade de responder ante a utilización de armamento prohibido, podemos repasar o historial dos que se proclaman xendarmes mundiais: os únicos que se atreveron a utilizar armamento atómico dúas veces, os que devastaron o Vietnam con axente laranxa, os que empregaron armas de uranio empobrecido contra a Iugoslavia, os que si utilizaron armamento químico en masa na toma de Fallujah no Iraque. Só o máximo cinismo permite ás potencias imperialistas apresentarse agora indignadas ante un ataque sen demostrar, que só beneficia ao chamado bando “rebelde” -con indicios de que foi este o que empregou as armas químicas- e no momento no que os inspectores da ONU aínda examinan os feitos.

  En realidade, os obxectivos dos Estados Unidos e os seus aliados son outros, e inscríbense nunha estratexia de guerra interminábel que non ten ningunha relación coas lexítimas aspiracións de liberdade, independencia e xustiza dos pobos da rexión. A historia demostra que as potencias imperialistas non promoven intervencións militares inocentes nin humanitarias, senón operacións de saqueo e dominio, agravadas na actual etapa de crise estrutural do capitalismo. Controlar militarmente o país e apoderarse dos seus recursos é un vello obxectivo dos planos estadounidenses, que pretenden reforzar o seu dominio na rexión, preparando e anunciando xa os vindeiros ataques contra o Líbano ou Irán, e prolongando a súa alianza cos réximes máis reaccionarios e inxustos, os da Arabia Saudí e Catar, así como co terrorismo de Estado israelí que mantén a ocupación e apartheid da Palestina.

  A agresión en curso contra Siria tería gravísimas consecuencias para unha rexión xa torturada, empobrecida e agredida, e constituiría unha nova violación do Dereito Internacional en virtude da lei do máis forte. É urxente que todos os pobos do mundo actuemos en contra do imperialismo, en defensa da paz, a liberdade e o soberanía dos pobos.

  Desde a Galiza denunciamos a complicidade do goberno español nestes novos planos agresivos e esiximos que se respecte o dereito de cada país a resolver os seus problemas internos desde a negociación e o diálogo, a partir do respecto da independencia e soberanía do pobo sirio, e contando tamén cos dereitos do esquecido pobo curdo. Comprometémonos a continuar a mobilización e resistencia fronte a guerra e o imperialismo.

  Na Galiza, setembro de 2013

 Asinan: AGARB-ANOVA — Asamblea Republicana de Vigo — BNG — CIG — Colectivo Imán-CEDRO — Construindo a Esquerda — Coordinadora Bolivariana-Vigo — CUT / El Militante — Esquerda Unida — F.P.G. — Federación de Veciños de Vigo — Galiza Nova — HOAC — Isca! — Izquierda Socialista — Liga Estudantil Galega — Mar de Lumes — NOS-UP — Nova Esquerda GalegaCompromiso coa Esquerda — P.C.G. — PCPG — Sindicatos de Estudantes — Xuventudes comunistas

[/box]