A Federación de Industria de CCOO convocou hoxe unha concentración en Arteixo para apoiar o compañeiro despedido meses atrás pola antiga Bamajar Séptima, empresa do grupo Nueva Pescanova. O sindicato denuncia que este traballador perdeu o posto de traballo tras unha modificación «á carta» dun informe médico. Precisamente, p próximo venres, día 5 de outubro, está fixado o xuízo, no que están acusadas tanto Pescanova como a empresa en que subcontratou o servizo de prevención.
A empresa respondeu indicando que non lle podía adaptar o posto de traballo. Tras isto, dúas semanas despois, o 4 de maio, e sen que o traballador fose novamente citado para avaliar o seu estado de saúde, Cualtis emite un novo informe considerándoo «non apto». Tras isto, sería despedido.
Segundo o informe médico, o traballador non pode manipular cargas superiores aos tres quilos, nin realizar posturas forzadas que involucren a flexión do tronco. Porén, iso non afectaba ao seu desempeño laboral, xa que as súas funcións eran administrativas.
O comité de empresa denuncia a «alianza» entre Pescanova e o servizo de prevención para «tramar o procedemento» que permitiu despedir este traballador. Tamén critica que o dito servizo «nunca interveu ante os riscos de posturas forzadas e manipulación de cargas que deterioran cada día a saúde dos traballadores e traballadoras».
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.