CONCENTRACIÓN GALICIA POLA PAZ, NON Á GUERRA IMPERIALISTA !! SÁBADO DÍA 5, ÁS 18 HORAS NO MARCO (rúa do Príncipe)

Publicado por o día 02/12/2015 na sección de SF Intersindical,Sindicatos

CONCENTRACIÓN GALICIA POLA PAZ, NON Á GUERRA IMPERIALISTA !!  SÁBADO DÍA 5, ÁS 18 HORAS NO MARCO (rúa do Príncipe)

O Sindicato Ferroviario da Confederación Intersindical, xunto con outros sindicatos e movementos sociais organizados da cidade, vimos de participar este sábado, 28 de novembro, no PRIMEIRO ENCONTRO SINDICAL E DE MOVEMENTOS SOCIAIS que tivo lugar no Auditorio de Teis en Vigo.

Unir os lumes, ligar todas as loitas, locais e sectoriais, e un obxectivo irrenunciable para calquera organización sindical que se precie, e se reclame, de clase, e tamén para calqueira outra organización, plataforma ou movemento social reivindicativo, porque só dende a unidade de clase mobilizada na rúa seremos capaces de derrotar estas políticas neoliberais austericidas, abandeiradas do fascismo, que xa non teñen dabondo con crear unha crise para recortar os nosos dereitos e expoliar os recursos públicos senon que, unha vez máis trascenden e, con falaces argumentos, xustifican unha GUERRA PARA amedrentar ao pobo e ter así máis doado impoñer recortes e precariedade laboral, aumentar o control policial e o gasto militar, legalizar a suspensión de garantías e liberdades públicas, extremar o racismo e a xenofobia e, en definitiva, “SEGUIR ACUMULANDO” a costa do deterioro das nosas condicions de vida, e da nosa liberdade, para levarnos a un novo escenario de barbarie.

Neste ENCONTRO houbo grande concordanza con este análise e tamén nas conclusións finais onde, de forma UNÁNIME, acordamos FACER UN CHAMAMENTO Á TODA A CIDADANÍA de Vigo, e por extensión á Galega, de conseguir coincidencia dada a premura do tempo, a concentrarnos o vindeiro Sábado día 5, ás 18 horas fronte o Museo MARCO en Vigo. Ó remate terá lugar a lectura dun manifesto a cargo do escritor Xosé Álvarez Cáccamo.

O SF-Intersindical concordamos cos movementos sociais vigueses que estamos pola Paz, un valor sempre ameazado polo odio e polos intereses imperialistas en todo o mundo. A primeira vítima das tensións bélicas mundiais son os dereitos e a democracia.

Concluimos de forma unánime que a contrapartida á barbarie de París non pode ser a guerra, e sí a desactivaciòn das ofensivas internacionais que deixan tras de sí regueiros de medo, torturas e matanzas indiscriminadas de milleiros de persoas.

Hai anos que en Palestina, Afganistán, Iraq, Libia, Sudán, Iemen e Siria, as bombas e as armas da UE, da OTAN, de Israel ou dos EUA masacran a diario inocentes. Se dalgo temos certeza é que nunca estará nas mans destes países e institucións a solución a ningún problema xeopolítico.

Porque, en efecto, son parte do problema.

Nós queremos a paz. A PAZ é a semente para a DIGNIDADE das persoas

PRENSA SF INTERSINDICAL PONTEVEDRA