Concentración mañá polo Servizo de Pediatría en Coruxo

Por o 11/06/2018 | Sección: Galicia,Protestas,Sanidad,Vigo
Concentración mañá polo Servizo de Pediatría en Coruxo

A Asociación de Veciños de Coruxo, en nome da veciñanza afectada, quere denunciar o peche do servizo de pediatría no Centro de Saúde de Coruxo, que atende a máis de mil nenas e nenos das parroquias de Saiáns, Oia, Comesaña e Coruxo no Concello de Vigo.

Defendemos a necesidade de contar co servizo de pediatría dentro do Centro de Saúde de Coruxo para dar resposta ás necesidades dunha das áreas máis anovadas en idade do Concello e que cubre, xa de por si, unha zona grande abondo como para ter conta da súa importancia. Contamos para isto co apoio de Asociacións de Nais e Pais dos colexios da área sur de do Concello de Vigo e das Asociacións de Veciños de San Miguel de Oia e Saiáns.

Convocamos aos medios para cubrir a concentración en prol do Servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Coruxo mañá 12/06/2018 ás 09:00h e adxuntamos o escrito que presentamos perante o Valedor do Pobo o pasado 10/06/2018 e que resume, brevemente, os motivos e reivindicacións desta concentración.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.